Nigrán festexa o Samaín dende mañá con dous días de actividades para os pequenos

O Concello de Nigrán festexa o Samaín dende mañá con actividades para os máis pequenos. Así, o martes a partir das 18:00 horas “Voltereta e Volvoreta” ofrecen obradoiros para nenos no Pavillón de Panxón. Ao día seguinte, 1 de novembro, o Auditorio Municipal de Nigrán acolle ás 17:30 un espectáculo de maxia a cargo do Rei Midas. Todas as actividades son de balde.

Anuncios