Adrián Valverde competiu na Copa de España e asinou un Top-10 en Asturias

FOTO: JAVI LINARES // Adrián Valverde.

Intenso fin de semana de competición e desprazamentos para Adrián Valverde aproveitando a paréntese na Copa Galicia de Ciclocrós. O baionés do Club Ciclista Rías Baixas participou o sábado en Llodio (Áraba) na primeira proba puntuable da Copa de España Loterías e o domingo, no Ciclocrós de Teverga, cita do calendario asturiano.

Valverde mediuse en terras arabesas aos mellores especialistas españois desta modalidade e ocupou a vixésima praza.

Ese esforzo pasoulle factura ao día seguinte en Asturias. A pesar de sufrir cambras e terminar a carreira completamente baleiro, logrou asinar un posto entre os 10 primeiros ao finalizar sétimo.

Anuncios