Charla sobre a importancia dos pais na actividade deportiva dos nenos en Nigrán

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A ANPA Alborés do CEIP Humberto Juanes de Nigrán organiza este venres 27 de outubro unha nova charla dentro o seu proxecto Escola de Pais. Nesta ocasión tratará da importancia dos pais na actividade deportiva dos nenos. Carlos Hugo García, Director da Canteira do RC Celta de Vigo, e Diego Santos, Adxunto de Metodoloxía na Canteira do RC Celta de Vigo, falarán sobre as achegas do deporte, os diferentes roles, a importancia da empatía e o papel e funcións dos pais. A charla comezará ás 19:00 horas no Auditorio Municipal de Nigrán.

Anuncios