Un cento de maiores de Nigrán participan hoxe na excursión ao Carballiño (Ourense) organizada polo Concello dentro do seu programa de turismo social destinado á veciñanza da terceira idade (viaxe inicialmente prevista para o día 19 pero que foi posposta polo loito oficial do Concello de Nigrán).
En total, 107 xubilados partiron hoxe ás 8:30 horas dende o consistorio, estando o regreso estimado ás 21:00 horas. A viaxe incluíu visita ao tempo de Veracruz (onde foron recibidos polo alcalde de O Carballiño), comida, paseo fluvial polo Río Arenteiro e visita aos muíños. A visita ao Mosteiro de Oseira foi anulada ao estar pechado trala vaga de lume que tamén afectou a esta zona.
Trátase da segunda edición do programa de turismo social do Concello de Nigrán, este arrancou o mes pasado cunha visita ás terras do Salnés e se realizarán máis de aquí a final de ano. O Goberno local de Nigrán entende que viaxar «non só serve para descubrir lugares novos, senón que apórtanos moitísimos beneficios especialmente útiles para as persoas maiores, como a mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral e reconstituínte da memoria e da atención».

