Xosé Andrés Cruz e Joel Ribeiro, preseleccionados co equipo nacional de patinaxe artística

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Joel Ribeiro, Xosé Andrés Cruz, Iria Boullosa e Ángel Rodal na II Gala do Deporte de Gondomar.

O Comité de Patinaxe Artística da Real Federación Española de Patinaxe publicaba a pasada semana a relación de patinadores/as que están preseleccionados/as co equipo nacional para o próximo ano.

Entre os 13 galegos preseleccionados están dous patinadores de Gondomar. Xosé Andrés Cruz Alonso e Joel Ribeiro Díaz, nas categorías Cadete e Promoción (Infantil-Alevín) respectivamente, levarán a cabo un programa de seguimento e tecnificación para a súa participación en competicións internacionais.

No caso de Galicia, as sesións de tecnificación desenvolveranse na propia comunidade autónoma co profesorado específico destinado para iso, tal e como vén facendo nos últimos anos.