Gondomar convoca un curso gratuíto para a obtención da ESO

O Concello de Gondomar convoca a través da OMIX un curso para a obtención da ESO. A educación é o motor para mellorar o futuro das persoas e dende o Concello de Gondomar queren poñer os medios para que a mocidade volva aos estudos e obteña o Certificado da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

Para asistir ao curso, que será completamente gratuíto, hai que ter cumpridos os 18 anos, con preferencia por ser do Concello de Gondomar. As inscricións poderán formalizarse do 24 de outubro ao 3 de novembro na OMIX ou no teléfono 986 369 746. A data aproximada de inicio do curso será o 8 de novembro.

Anuncios