#Tramalume fala con Xose Lois Vilar sobre os incendios forestais

Dende o Alto de Sanomedio, na Parroquia nigranesa de Camos, #Tramalume entrevista a Xose Lois Vilar, arqueólogo, Historiador e membro do Instituto de Estudos Miñoráns http://iem.gal/.

Percorren o camiño de desolación que deixou a vaga de lumes do pasado 15 de Outubro, até chegar ao alto do monte, onde tiveron unha visión global do desastre, das implicacións que ten para o rural galego e das posibles causas, políticas e empresariais de todo isto.

#Tramalume traballa en rede, de xeito anónimo e con memoria, para visibilizar as tramas que fan arder os nosos montes. Tamén está en twitter @trama_lume.