O IES Terra de Turonio exterioriza o seu rexeitamento aos incendios forestais

FOTO: CRISTINA BREA

O alumnado do IES Terra de Turonio saíu este venres ao patio durante o recreo para exteriorizar os seus sentimentos despois da dura fin de semana pasada.

O alumnado do Terra de Turonio sufriu en primeira persoa a catástrofe incendiaria deste domingo 15 de outubro. Alumnado das parroquias de Vincios, Vilaza, Chaín e Morgadáns tiveron o lume ao lado das súas casas, foron desaloxados, colaboraron na recuperación do gando doméstico, tiveron medo, choraron e seguen a sentir a desolación que produce unha situación coma esta que condiciona o seu futuro.

O IES TERRA DE TURONIO EXTERIORIZA O SEU REXEITAMENTO AOS INCENDIOS FORESTAIS
FOTO: CRISTINA BREA

O Claustro e o Consello Escolar aprobaron a realización desta medida simbólica que “nos permitise, colectivamente, exteriorizar os sentimentos que nos produciron os incendios forestais e tomarnos consciencia da necesidade de adoptar medidas que eviten que esta situación se volva producir”. Desde un punto de vista educativo, considerouse urxente adoptar ferramentas que canalizasen os sentimentos do alumnado e axudasen a reflexionar sobre o impacto que os incendios forestais teñen no noso futuro: consecuencias sanitarias, económicas, ecolóxicas, paisaxísticas, etc.

“Por este motivo, saímos ao patio para tomarnos unha imaxe coas mans tinxidas de negro, unha imaxe que retrate graficamente o que sentimos. As actividades sobre esta catástrofe ecolóxica e ambiental van continuar no centro, algunhas xa iniciadas, tendo ao alumnado como protagonistas principais”.

O IES TERRA DE TURONIO EXTERIORIZA O SEU REXEITAMENTO AOS INCENDIOS FORESTAIS
FOTO: CRISTINA BREA
Anuncios