O alcalde de Gondomar achégase este domingo ao barrio da Portavedra para falar cos veciños

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Paco Ferreira falando cuns veciños.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, continúa este domingo o seu percorrido polos barrios do municipio para falar coa veciñanza e coñecer de primeira man as súas inquedanzas e buscarlles solución. Ás 12:00 horas estará no “Cruce das Chans” en A Portavedra, na parroquia de Donas.