A compañía Fonte da Tella de Soutomaior continúa hoxe o mes do teatro de Nigrán

O Concello de Nigrán continúa este domingo o seu ciclo de teatro do mes de outubro coa compañía de teatro afeccionado de Soutomaior Fonte da Tella, que representará ás 19:30 horas no Auditorio Municipal “A media luz os tres”. O ciclo finaliza o fin de semana próximo, así o sábado 28 (19:30) Lohegrin representa «Bernarda» e, finalmente, o 29 de outubro (19:30 horas) serán os monólogos de “Científicos sobre ruedas” a través de Ciudad Ciencia.

Anuncios