O grupo de teatro Atlántida de Matamá presenta “Os dous de sempre” en Mañufe

Este sábado 21 de outubro continúa a IV Mostra de Teatro Afeccionado “Mañufe levanta o telón”, organizada pola Asociación Cultural San Vicente de Mañufe. O grupo de teatro Atlántida de Matamá representará a obra “Os dous de sempre” ás 21:00 horas no Centro Cultural da parroquia.