Anuncios
Ticker de novas

Baredo celebra este fin de semana as festas de San Roque

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión de San Roque en Baredo.

A parroquia baionesa de Baredo celebra este fin de semana as festas na honra de San Roque. O sábado 21 de outubro haberá inchables gratis desde as 19:00 horas, e pola noite, a verbena estará amenizada polas orquestras Poceiro e Atlanta. O domingo 22 comezará cun pasarrúas pola parroquia a cargo da Charanga Nova Cubana ás 10:00 da mañá. Ás 13:00 horas celebrarase a Misa Solemne seguida de procesión na honra de San Roque acompañada pola mesma Charanga. Ás 16:00 horas terán lugar as Grandes Cucañas, e a continuación, a Banda Escola da Agrupación Musical de Mougás ofrecerá un concerto.

Anuncios