Os veciños do barrio baionés da Anunciada, coñecido popularmente como Corea, convocan o vindeiro domingo 22 de outubro unha concentración no Parque da Palma tras os incendios forestais que arrasaron a zona o pasado domingo día 15. Sen ningún tipo de axuda, centos de veciños, non só do barrio senón tamén de toda Baiona, loitaron contra as chamas para salvar as vivendas, con mangueiras e cubos, xogándose a vida e converténdose en heroes anónimos que os propietarios das casas xamais esquecerán. A manifestación, co lema “Lume, nunca máis”, comezará ás 17:00 horas.
Veciños do barrio baionés da Anunciada convocan unha concentración o domingo

