Castro e Ladeira inicia unha campaña de recollida de fotografías antigas de Sabarís

O Mercado de Sabarís no ano 1928.

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira está a preparar o proxecto “Sabarís na memoria”, que inicia coa recompilación de imaxes antigas da parroquia. Todo aquel que dispoña de material fotográfico de Sabarís e queira colaborar pode poñerse en contacto coa Asociación na Avda. Benito Fariña, 8, Baixo, os luns de 11:30 a 12:30 e os xoves de 19:00 a 20:00 horas, ou a través do teléfono 659 32 57 68. As fotografías recolleranse na oficina ou a domicilio, en ambos os dous casos para escanealas no momento.