Suspendidas as clases no IES Primeiro de Marzo para este luns

Segundo informan desde o Concello de Baiona, quedan suspendidas mañá luns, 16 de outubro, as clases no IES Primeiro de Marzo debido ao incendio forestal que azoutou as inmediacións do centro educativo este domingo. En canto a aqueles alumnos do centro que mañá teñen programada unha excursión desenvolverán esta actividade con normalidade. O resto do alumnado non acudirá ás aulas.

Ás 7:43 volveu activar o incendio declarado na Virxe da Roca. O lume ameazaba esta mañá con chegar ao Hotel Rompeolas e o IES Primeiro de Marzo situados nas proximidades. Traballaron na súa extinción 2 axentes, 2 brigadas, 5 motobombas e 1 avión.

Anuncios