O VII Motomagosto reparte 500 quilos de castañas en Gondomar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // VII Motomagosto A Cento Cien.

O Moto Club A Cento Cien celebrou este sábado a VII edición do Motomagosto, organizado coa colaboración da Concellería de Deportes e o Concello de Gondomar, coa participación de centos de motoristas que se achegaron ata a Vila Condal.

O evento comezou cunha ruta moteira que percorreu as rúas do centro urbano e as parroquias do municipio, rematando ao lado do Campo de Fútbol de As Cercas, onde os asistentes puideron degustar de maneira gratuíta 500 quilos de castañas. Tampouco faltou a música e o sorteo de agasallos.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Anuncios