Anuncios
Ticker de novas

A exposición monográfica do Pastor Alemán volverá a Gondomar no 2018

A Delegación Galega do Real Club do Can Pastor Alemán manifesta o seu interese en realizar en Gondomar a exposición do 2018, durante o mes de setembro. Os organizadores destacan, nun escrito remitido ao Concello, tanto a súa colaboración, especialmente da Concellería de Turismo, como o éxito de público.

“Para o afamado Xuíz Ignacio Blat, a monográfica de Gondomar foi a mellor organizada de todas as que participou durante o 2017 en toda España”, subliña Xosé Antón Araúxo, concelleiro de Comercio e Turismo.

Tamén os participantes, chegados de distintos lugares da Península Ibérica ou de Europa, outorgaron unha puntuación máxima de 10 puntos sobre 10 posibles nos seguintes apartados: campo de competición, contorna, Vila de Gondomar, restauración, hostalaría, atención e acollida tanto a competidores como a acompañantes.

“Para esta Concellería de Turismo é unha grande satisfacción poder atraer unha actividade de excelencia á nosa Vila, e poder cumprir os seguintes obxectivos: proxectar a Vila de Gondomar por toda a península e no exterior, atraer a novos visitantes que demandan e precisan servizos na nosa vila de restauración, hostalaría, comercio, etc.”, conclúe Araúxo.

2017-10-12 - probas1

Anuncios