Anuncios
Ticker de novas

Unha unidade móbil de doazón de sangue estará o venres en Nigrán

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará este venres 13 de outubro o municipio de Nigrán. Estará situada diante do Concello, de 16:00 a 21:00 horas. Todo aquel que desexe doar sangue poderá facelo no horario indicado. Se é a primeira vez que se doa hai que levar consigo o DNI.

Anuncios