Anuncios
Ticker de novas

Diego Otero, 12º no Torneo Internacional de Krasnik en Polonia

Diego Otero xunto cos outros catro deportistas galegos.

Excelentes os resultados obtidos polos loitadores españois no Torneo Internacional Cidade de Krasnik en Polonia, celebrado do 6 ao 9 de outubro, onde se conseguiron 1 ouro, 3 pratas, 5 bronces e 2 quintos postos.

Xunto coa selección nacional cadete e júnior de Loitas Olímpicas participaron cinco deportistas galegos, entre eles o baionés Diego Otero, do Club de Loita Sabarís. Das 9 medallas da selección española, 3 foron de deportistas galegos.

• Medalla de prata para Lydia Pérez Touriño (Club de Loita Pontevedra) en 59kg júnior.
• Medalla de prata para Judit Varela (Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces) en 63 kg júnior.
• Medalla de bronce para Nerea Pampín (Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces) en 59 kg júnior.
• 5º posto para Carlos Yobanni García (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) en 66 kg júnior.
• 12º posto para Diego Otero (Club de Loita Sabarís) en 63 kg cadete.

Todos os deportistas son ou foron bolseiros no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. Continúan cos seus adestramentos para un final de ano moi apertado en canto a calendario competitivo.

DIEGO OTERO XUNTO A SELECCIÓN ESPAÑOLA DE LOITAS OLÍMPICAS

Diego Otero coa selección española de Loitas Olímpicas.

Anuncios