Daniel Álvarez Fonterosa gaña o certame de fotografía “Viaxando”

“Namorados no Interrail” de Daniel Álvarez Fonterosa.

O pasado 6 de outubro reuniuse no Concello do Rosal o Tribunal cualificador do certame de fotografía “Viaxando” propondo conceder o primeiro premio a Daniel Álvarez Fonterosa coa fotografía titulada “Namorados no Interrail”. Daniel é natural de Amorín en Tomiño e presentou a fotografía no Espazo Xove de Tui. Nos vindeiros días realizarase a inauguración da Exposición con todas as fotografías presentadas así como a entrega da tablet ao gañador.

Este certame lévase realizando once anos entre as oficinas de información xuvenil dos concellos de O Rosal, Baiona, A Guarda, Tomiño, Salceda de Caselas, Gondomar, Porriño e o Espazo Xove de Tui. As persoas interesadas en visitar a exposición poden facelo de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas no primeiro andar do Concello do Rosal. A mostra visitará tamén o resto de concellos organizadores nos próximos meses.

Anuncios