A Deputación celebra o Día da Hispanidade en Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Como vén sendo habitual nos últimos anos, a Deputación de Pontevedra, en colaboración co Concello de Baiona, celebra na Real Vila o Día da Hispanidade, que terá lugar este xoves 12 de outubro a partir das 17:45 horas coa recepción das autoridades civís e militares convidadas.

O acto institucional comezará ás 18:15 horas no Monumento Encontro entre dous Mundos, onde intervirán o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, o Cónsul de Chile en Vigo, Manuel Dopico Gómez-Aller, en representación do Honorable Corpo Consular, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

A continuación, pecharase o acto coa ofrenda de coroas e a interpretación dos Himnos de Galicia e España por parte da Banda de Música de Baiona. Xa no Parador Conde de Gondomar servirase un viño galego de confraternidade.

Anuncios