Derrota do Cereixa na súa visita a Mos

FOTO: CEREIXA FS

Derrota do Cereixa Gondomar FS na visita ao Pavillón Óscar Pereiro nun partido con alternativas onde os visitantes non tiveron acerto e terminaron índose inxustamente de baleiro.

A tarde non sería sinxela porque, ademais das innumerables baixas dos de Gondomar, un último contratempo marcaría o partido: a baixa do porteiro titular obrigaba a Luca a exercer funcións baixo os paus.

Xogar contra un equipo como o Celado-Mos sen un porteiro como tal era moita vantaxe, pero ata nesas circunstancias o equipo creceuse e mereceu irse por diante no marcador aínda que a fortuna non lle sorriu. E aínda por riba, a baixa de Edu Rodríguez Pérez despois de recibir unha entrada arrepiante deixaba ao visitante con apenas dous cambios para os últimos 30 minutos.

Moito sacrificio para manter o partido vivo na continuación ata que no minuto 5, o local atopaba o primeiro (1-0) e pouco despois, un descoido defensivo (quizais o único), daba a vantaxe parcial (2-0). Nese momento os poucos afeccionados que se achegaron ao pavillón prevían o goleada pero nada máis lonxe da realidade; Adrián López conducía unha contra ata o fondo das redes e o Cereixa Gondomar FS estaba vivo (2-1). Acoso visitante ata o final atacando descaradamente con porteiro-xogador e dous chances claros de gol a falta dun minuto; nunha delas o balón impactaría na cara do porteiro xa batido e o balón marcharíase a córner. Na execución, un roubo local permitía disparar a portería baleira para selar o triunfo local (3-1).

Sen tempo para máis (e a pesar de que o Cereixa Gondomar FS seguíao tentando) un novo roubo poñería o 4-1 co que se pecharía o partido.

Sensacións atopadas no vestiario; por unha banda a rabia dos 3 puntos que se escapan pero por outro, o orgullo e o compromiso dun equipo que deixou a alma para sortear todas as adversidades acurralando ao Celado-Concello de Mos que miraba de esguello o marcador esperando o asubío final.

Anuncios