Anuncios
Ticker de novas

Detidas en Nigrán dúas mulleres con orde de procura e captura por branqueo de capitais

FOTO: GARDA CIVIL

A Garda Civil detivo en Nigrán a dúas mulleres, nai e filla, que tiñan pendente o cumprimento dunha condena de prisión relacionada cun delito de branqueo de capitais.

A detención produciuse poucos días despois de que a Sección 5ª da Audiencia Provincial, con sede en Vigo, ditase unha orde de detención e ingreso en prisión.

Estas dúas persoas tiñan pendente, cada unha, o cumprimento de cinco anos de prisión, ao ser condenadas en sentenza firme por un delito de branqueo de capitais procedentes do narcotráfico.

As detencións, levadas a cabo por efectivos do Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán, localizou á filla (AI.G.D., de 46 anos) nun restaurante de Nigrán. Despois dunha discreta vixilancia durante toda a noite sobre esta persoa, púidose comprobar que se aloxaba nunha vivenda da mesma localidade, que aparentemente estaba deshabitada desde facía bastante tempo.

Á primeira hora do día seguinte, a Garda Civil procedeu á detención desta moza e da súa nai (MN.D.E., de 71 anos), cando xa tiñan preparado a equipaxe para abandonar o inmoble.

Cumprindo o mandamento xudicial, a Garda Civil procedeu á detención de ambas as que foron ingresadas directamente no Centro Penal da Lama.

Anuncios