Anuncios
Ticker de novas

Mantense ata novo aviso a prohibición de realizar queimas agrícolas e forestais

As queimas de restos agrícolas e forestais amoreados seguen prohibidas en Galicia ata novo aviso, tendo en conta as condicións meteorolóxicas actuais e as previsións para os vindeiros días.

A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación do tempo e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Tamén tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento.

Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento. Por tanto, ata novo aviso, non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal.

Anuncios