Stone, o can atopado o pasado mes de xullo agonizando en Chan da Lagoa baixo unhas pedras, foi este mércores o protagonista da sección “Amores Perrunos” do programa de Antena 3 “El Hormiguero 3.0”, na que Dani Rovira axuda a perretes aos que a vida non lles tratou ben.
A historia de Stone, que estivo acompañado por Tatiana Álvarez, presidenta da Protectora de Animais Bai.Senpulgas, e Daniel Canela, colaborador da Asociación, conmoveu ao estudio. O seu dono tentou sacrificalo e, como o veterinario negouse a facelo, decidiu tentar acabar coa súa vida, con varios golpes na cabeza e semi enterrándoo con pedras, coa sorte de que unha veciña atopoulle tirado no campo.
O propietario, veciño de Baiona localizado pola Garda Civil, está a ser investigado por un presunto delito de malos tratos animais, como suposto autor das graves lesións que sufría Stone.
Agora ten ganas de atopar unha familia na que seguir crecendo. Todos os interesados en axudarlle poden facelo escribindo ao correo electrónico protectora.baisenpulgas@gmail.com e darlle unha segunda oportunidade.
Tras a emisión do programa foron centos as chamadas e mensaxes recibidos desde toda España para adoptar a Stone.
O momento da visita de Stone a «El Hormiguero 3.0» pode verse nesta ligazón.




