Unha vez finalizadas as actividades de verán, que incluíron varias exposicións e diferentes actos lúdicos, o Liceo Marítimo de Baiona retoma as actividades, como a escola de pintura, informática básica para adultos, zumba gold e bailes latinos e de salón, e curso de italiano, que se verán incrementadas en próximas datas.
ESCOLA DE PINTURA
O Liceo Marítimo de Baiona abriu a inscrición para a escola de pintura, infantil e de adultos. Esta escola estará baixo a dirección de Stella Trigo, responsable da antiga Escola Municipal de Pintura. Esta actividade desenvolverase para os nenos, os venres de 17:00 a 18:30 horas, e para adultos de 18:00 a 20:00, dando comezo o día 6 de outubro.
INFORMÁTICA BÁSICA PARA ADULTOS
Este curso comezará o martes día 3 de outubro e levarase a cabo todos os martes en dous horarios de 10:30 a 12:00 horas e de 19:30 a 21:00 horas. Será impartido con computadores portátiles, que estarán incluídos, do mesmo xeito que todo o material necesario para o seu desenvolvemento. O contido do mesmo incluirá coñecementos da internet, Correo, Redes Sociais, Windows 10, etc.
ZUMBA GOLD
A partir do xoves 5 de outubro retómase a actividade de Zumba Gold. Esta será impartida por unha profesora titulada que adaptará o ritmo da clase ás condicións do grupo de asistentes, dado que está orientada a persoas adultas sen limitación de idade. O horario das clases será os xoves pola mañá de 10:30 a 11:30.
BAILES LATINOS E DE SALÓN
Este curso incorpórase este curso de iniciación no cal se aprenderá a bailar bachata, salsa, merengue, chachachá, vals, tango, pasodobre, etc. non sendo necesario acudir en parella. Comezará o próximo 6 de outubro. O horario das clases será os venres de 22:15 a 23:15.
CURSO DE ITALIANO
Tamén como novidade este ano e impartido por un profesor nativo. Comezará o próximo 5 de outubro. O horario das clases será os xoves de 19:30 a 21:00.
Para inscricións e máis información sobre os cursos deben pasar polo propio Liceo ou poñerse en contacto chamando ao 653 757 614 ou no mail liceodebaiona@gmail.com.

