Sin categoría

O gondomareño Eladio Costas consegue o bronce coa selección galega nos nacionais de tenis de mesa

O pasado fin de semana, 23 e 24 de setembro, celebrouse o XVI Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Veteranos de Tenis de Mesa, no Pavillón Municipal da localidade de Torrijos, Toledo.

Na categoría +65-70 masculino, o equipo Galicia “A”, formado polo gondomareño Eladio Costas e o seu compañeiro Kiko González, ocuparon a terceira praza conseguindo a medalla de bronce para a Selección Galega. Cataluña impuxo o seu dominio con dobre representación na final, onde o primeiro equipo impúxose ao conxunto «B».

2017-09-26 - 21950733_1626623094068792_1717219668684075669_o