Sin categoría

Galicia en Danza ofrece unha clase aberta de Break Dance

A Escola de Baile Galicia en Danza de Baiona celebra este xoves día 28, de 19:30 a 21:00 horas, unha clase aberta de Break Dance á que poderá asistir calquera persoa interesada de forma totalmente gratuíta. Estará impartida por Bboy Kike, o novo profesor para este curso 2017/18.