A Agrupación Musical de Belesar viaxa á Comunidade Valenciana

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O próximo fin de semana a Agrupación Musical de Belesar desprazarase a terras valencianas para completar un intercambio coa Banda Societat Renaixement Musical (SRM) de Vinalesa.

A banda anfitrioa xa visitou Baiona este verán, actuando o 19 de xullo xunto á Agrupación Musical de Belesar, que se despraza agora a Valencia para deleitar aos valencianos coa súa música nun concerto conxunto.

O xoves día 28 partirán unha corentena de músicos, para celebrar o concerto o sábado día 30 pola tarde-noite. Regresarán o día 1, despois dun fin de semana cargado de emocións.

Este intercambio cultural ten como obxectivo potenciar o patrimonio musical galego, subencionado pola Deputación de Pontevedra, dentro do programa de subvencións dirixidas a entidades para actividades culturais “Ano do Patrimonio 2017”.

Anuncios