Sin categoría

O Centro Cultural Bolos da Carrasca organiza unha excursión a Asturias

O Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca organiza unha excursión de 2 días e 1 noite a Asturias os próximos 12 e 13 de outubro.

Día 1:
• Saída en dirección a Asturias.
• Pola mañá visita a Oviedo.
• Chegada e acomodación no hotel.
• Comida.
• Pola tarde visita a Covadonga e Cangas de Onís.
• Regreso ao hotel, cea e aloxamento.

Día 2:
• Almorzo.
• Pola mañá visita a Ribadesella e Villaviciosa.
• Comida.
• Pola tarde visita a Xixón.
• Regreso.

O prezo da viaxe é de 100 euros e inclúe autocar de turismo, guía acompañante, seguro de viaxe, pensión completa con bebidas (auga e viño). Non inclúe entradas nos monumentos e taxas hostaleiras. O suplemento por habitación individual é de 25 euros por persoa. As reservas poden formalizarse nos teléfonos 678 941 920 (Álvaro) ou 639 886 071 (Paco).