Este mércores, día 16 de agosto, comezan as festas na honra de San Roque na parroquia nigranesa de Camos coa celebración a partir das 14:00 horas da Festa do Carneiro.
Previamente, ás 10:00 da mañá, haberá unha Misa Rezada, e ás 12:00 terá lugar a Misa Maior ao aire libre na honra de San Roque. A continuación sairá a procesión acompañada por Os Alegres do Val Miñor.
As festas na honra de San Roque continuarán do 23 ao 26 de agosto con pasarrúas, misas, procesións, concertos, tiradas de foguetes, cucañas, “poxas” e verbenas.

