Localizada unha muller de 79 anos que se perdeu na tarde deste luns en Nigrán cando saíu dar un paseo. A anciá foi atopada por un veciño na contorna da praia de Prado.
Un fillo da muller chamou ao 112 Galicia ás 17:40 horas. Segundo explicou, a súa nai estaba perdida dende as 15:30 horas da tarde. Indicou que conseguira falar con ela por teléfono, que esta lle tentara explicar onde estaba, pero que non era quen de localizala.
Con estes datos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 alertou da situación ao GES do Val Miñor, a Protección Civil e á Policía Local.

