O Racing Vilariño presenta os seus equipos para esta tempada

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Foto de familia do Racing Vilariño.

O campo municipal de San Pedro acolleu este sábado a presentación de todas as categorías que conforman o Club de Fútbol Racing Vilariño para a tempada 2017-2018, con inchables para os máis pequenos e petiscos para todos os asistentes.

Pasadas as 18:00 horas comezaron a desfilar polo campo os máis de 150 xogadores e xogadoras do club, repartidos nas categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete, Xuvenil, Afeccionados, Veteranos, Feminino e Sénior Masculino, todos acompañados polos seus respectivos adestradores e corpo técnico.

Tras as fotos de equipo de cada categoría e unhas palabras do presidente, Casto Moreda, e da tenente de alcalde de Nigrán, Raquel Giráldez, que acudiu ao acto acompañada polo concelleiro de Deportes, Jose Luís Sanromán, todos xuntos pousaron para unha gran foto de familia.