Anuncios
Ticker de novas

Gondomar traballa nun proxecto de recompilación de fotografías antigas

O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Cultura e coa colaboración da asociación “O faiado da memoria”, poñen en marcha conxuntamente un programa de recuperación de fotografías antigas de Gondomar.

Si ben conxuntamente o concello e asociación levan alga máis dun ano neste proxecto, a citada asociación cumpre xa dez anos de traballo exhaustivo na recompilación de fotografías, películas, etc. de Gondomar. Por iso é polo que, a Concellería de Cultura aproveitase de todo este esforzo de anos que Antonio Caeiro levo a cabo, e puxesen en marcha este proxecto, que entre outras cousas consiste en varias exposicións fotográficas unidas dun ciclo de conferencias onde interveñan os propios retratados, e a elaboración dun álbum dixital e en papel da recompilación de todo o material solicitado para goce de todos os que estean interesados.

“Todos os concellos teñen a obrigación de lembrar e salvagardar a súa historia, recoñecer as súas xentes, a súa toponimia, lugares, etc., pero debemos dar un paso máis e antes de que sexa demasiado tarde, é dicir, falar coas persoas maiores e lembrar a historia xuntos, de aí esta iniciativa que verá a luz o próximo ano”, subliñou o alcalde, Paco Ferreira.

Anuncios