Anuncios
Ticker de novas

A Estrada pola Vía permanecerá pechada ao tráfico con motivo do “Desafío Islas Cíes”

Con motivo da celebración do Tríatlon Desafío Islas Cíes, este domingo día 24 de setembro quedará restrinxido o tráfico rodado de vehículos entre as 9:00 e as 14:30 horas, impedíndose a súa circulación pola Estrada pola Vía (PO-325) desde a rotonda de Prado ata A Ramallosa.

Crearanse tres puntos de cruzamento de vehículos para os que circulan desde as zonas de Panxón e Praia América e diríxense en dirección ao centro urbano de Nigrán ou continuación cara a Vigo, Baiona, Gondomar, etc., os cales estarán situados:
1.- Cruzamento de Panxón (Rotonda da Estrada pola Vía con Rúas Mariñeiro e Otero Pedrayo)
2.- Cruzamento Concello (Rotonda Estrada pola Vía con Rúa Castelao)
3.- Cruzamento Rans (Rotonda Estrada pola Vía con Rúa Rans)

Estes puntos de cruzamento, que serán regulados por membros da Agrupación de Tráfico e Policía Local, iranse habilitando en fases que se marcarán en función da densidade de participantes no transcurso da carreira.

Anuncios