Sin categoría

Chaín celebra as festas da Virxe da Merced

A parroquia gondomareña de Chaín celebra este fin de semana as festas na honra da Virxe da Merced. O sábado 23 ás 21:00 horas o Trío Nevada e o Trío Azar amenizarán a verbena nocturna. O domingo 24 pola mañá a banda de música Agrupación Musical de Vincios ofrecerá un pasarrúas e un concerto ás 12:00 e ás 14:00 horas. Ás 12:30 comezará a Misa Solemne cantada pola Coral Polifónica “A Merced” de Chaín, seguida de procesión. Ás 16:30 terán lugar as cucañas e ás 19:00 horas haberá unha festa infantil coa actuación do grupo de percusión Odaiko. Despois da Misa e da festa infantil celebraranse as tradicionais “poxas”. Pola noite, ás 21:30 horas, Trío3.com amenizará a verbena.