Malia o acordo plenario unánime de xuño de 2016, e a alarma social que isto crea na veciñanza, a Xunta segue a usar glisofato nas beiravías das estradas de propiedade autonómica no Concello de Gondomar. Dende a Concellaría de Medio Ambiente, veñen de lle reclamar que deixe estas prácticas, por obsoletas e altamente contaminantes e prexudiciais para a saúde mediante un escrito remitido á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.
“Dende o pasado luns ata hoxe mesmo, nas dependencias municipais de Urbanismo e Medio Ambiente vimos recibindo innumerables queixas de veciños e veciñas do noso Concello denunciando o uso masivo de herbicidas (Glisofato) nas beiravías das estradas de propiedade autonómica, coa conseguinte alarma social que isto xera, pois a maiores do perigo que este tipo de substancias teñen para a saúde das persoas e dos animais (o Glisofato é canceríxeno), o camión encargado de “regar” as cunetas con este herbicida non repara á hora de “sulfatar” regos de auga, fontes, mananciais, xardíns, hortas, viñedos, que vai encontrando ao seu paso, segundo os propios veciños nos informan, incluso coa gravación de vídeos que xa circulan polas redes sociais onde se pode ver todo isto ás claras”, sinala Antonio Araújo.
O Pleno da Corporación Municipal de Gondomar, na súa sesión ordinaria do 2 de xuño de 2016, tomou por unanimidade o seguinte:

“É por isto que me dirixo a Vde., como persoa con sensibilidade medio ambiental, e por ser da súa competencia velar pola protección da Natureza e da calidade de vida dos cidadáns, para que tome as medida pertinentes, e coa máxima urxencia ordee a paralización de semellantes prácticas inconcebibles nunha Administración Pública moderna e do S. XXI”, conclúe o concelleiro.

