Rebentan o comecartos dunha cafetería de Baiona

Estado no que quedou a máquina comercartos.

Os amigos do alleo actuaron esta noite en Baiona. A cafetería Coffee Time, situada na zona dos Tendais, amenceu este martes coa máquina comecartos totalmente rebentada. Segundo pódese ver nas gravacións das cámaras de seguridade, o suceso produciuse ás 3 e media da madrugada, cando unha parella nova accedeu ao local tras forzar unha xanela. Ao parecer, trátase da mesma parella que desvalixou outra máquina comecartos nunha cafetería de Gondomar. A Garda Civil xa acudiu ao lugar e investiga o sucedido.