Sin categoría

Baiona toma o relevo de Italia nas probas intercontinentais do Trial

A cidade italiana de Arco di Trento acolleu este fin de semana a última cita intercontinental do Trial, na que o español Toni Bou volveu demostrar brillantez e pericia no manexo da súa Montesa, alzándose co triunfo por diante do seu compatriota Adam Raga. Ambos, xunto a Jaime Busto, forman o combinado que representará a España no Trial das Nacións de Baiona, que se disputará os días 22, 23 e 24 de setembro.

A selección feminina española estará formada por Sandra Gómez, Berta Abellán e María Giró, que chegarán a Baiona coa fortaleza de darlle a España un triunfo máis nun Trial das Nacións que no últimos anos dominaron as alemás.

Este fin de semana, a Peña Moteros Val Miñor instalou as delimitacións das 14 zonas de competición establecidas pola Federación Internacional de Motociclismo, que percorrerán o paseo do Monte Boi no sentido contrario ás agullas do reloxo, é dicir, comezando desde a súa saída oficial e cronometrada nas inmediacións da entrada ao Parador Nacional de Turismo e finalizando, tras o seu trazado de contorno, nunha zona 15 que será unha Indoor situada no mesmo punto de inicio, sendo obrigatoria a súa execución como finalización das dúas voltas que terán que dar ao circuíto.

“Trátase dun pequeno espazo, con dificultades medias e altas e na que os pilotos poñerán o peche a cada volta tentando non penalizar”, comentaba José Goce, director técnico do Trial das Nacións, sobre a proba Indoor.