Antonio Liébanas triunfa na media maratón Costa da Vela

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Antonio Liébanas na Vig-Bay.

Antonio Liébanas Méndez impúxose este domingo na media maratón Costa da Vela, organizada en Cangas polo Club Playa Melide. O baionés foi o primeiro dos máis de medio milleiro de corredores participantes en completar o espectacular e esixente percorrido de 21 quilómetros entre o porto de Aldán e a fábrica de Massó. Liébanas, do Club Atletismo Baiona, subiuse ao máis alto do podio cun tempo de 1:23:43, seguido de Álvaro Prieto Fervenza, do Miler Running Club (1:24:07) e Gustavo Caballero Iglesias, do Club San Miguel de Marín (1:25:21), segundo e terceiro respectivamente.

Anuncios