Anuncios
Ticker de novas

O CB Nigrán quenta motores

Este fin de semana o CB Nigrán quentou motores para esta nova tempada disputando catro partidos amigables. Comezaron o sábado de mañá no CPI de Panxón con dous partidos, os equipos cadete e infantil masculino enfrontáronse aos respectivos equipos de Defensores do Morrazo.

Pola tarde foi a quenda das infantís contra Salesianos e o domingo as cadetes viaxaron a Salceda para disputar o seu amigable contra o equipo desa localidade.

Estes partidos serviron para preparar a competición federada na que participarán e que comezarán en poucas semanas así como para continuar coa liña de traballo programada polo club e facilitar a incorporación de novos xogadores e xogadoras.

Desde a dirección deportiva negócianse xa varios amigables para os diferentes equipos de minibasket que comezaron xa os seus respectivos adestramentos e que supoñen un alicerce fundamental na estrutura do club.

Anuncios