Anuncios
Ticker de novas

Festas de San Cibrán en Donas

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión de San Cibrán en Donas.

A parroquia gondomareña de Donas celebra este fin de semana as festas na honra de San Cibrán.

O sábado 16 ás 10:00 da mañá o grupo de gaitas Pedra Moura de Donas percorrerá a parroquia. Pola noite, darán comezo as festas cunha verbena a cargo da orquestra Trova e o grupo Son D?’Vigo.

O domingo 17 ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa cantada pola Coral Santa Eulalia de Donas seguida de procesión acompañada pola banda de música Agrupación Musical de Belesar. Pola noite, as orquestras La Ola ADN e Jerusalén amenizarán a verbena.

O luns 18 ás 12:00 do mediodía comezará a Misa Solemne seguida de procesión acompañada pola charanga Vai de Baile. A partir das 17:00 horas celebraranse as tradicionais cucañas, e pola noite, a verbena fin de festa estará amenizada polas orquestras Televisión e Gran Parada.

Anuncios