O III Vertiatlón Solidario obrigará a pechar ao tráfico a PO-552 entre Santa Marta e Baredo

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // I Vertiatlón Solidario de Baiona.

Para garantir a correcta celebración do terceiro Vertiatlón Solidario, que se celebrará este sábado en Baiona, a Policía Local cortará ao tráfico a estrada PO-552 desde a rotonda da gasolineira ata a rotonda de Baredo, desde as 16:00 ata as 18:30, momento no que se espera que finalice a proba ciclista.

Haberá, iso si, itinerarios alternativos para os condutores. Os vehículos que queiran entrar ou saír de Baiona centro poderán acceder pola EP-2202 (subida á Virxe da Rocha), pola EP- 2201 (subida a Baíña) e pola EP-2203 (Baredo); e os que queiran ir en dirección Oia ou Vigo, poderán empregar a circunvalación AG-57.

Dous cambios máis que produciranse mentres dure o Vertiatlón afectarán á parada de taxis, que se trasladará á rúa Brasil, fronte ao centro de saúde; e á parada dos autobuses ATSA, que estará situada en Puga e no centro de saúde.

Anuncios