Clases de bailes latinos en Chandebrito

A Asociación Cultural Chandebrito 1807 oferta unha actividade de bailes latinos (salsa, merengue, bachata, etc.) para a nova tempada 2017-18. Realizarase na antiga escola de Chandebrito os venres en horario de 19.00 a 20.00 horas, dende o vindeiro 6 de outubro ata finais de xuño. Máis información no teléfono 667 380 223 ou no correo electrónico chandebrito1807@gmail.com.

Anuncios