VI Festa do Socio e do Veciño en Vincios

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios, coa colaboración da Concellería de Cultura de Gondomar e a Deputación de Pontevedra, organiza este 10 de setembro a súa VI Festa do Socio e do Veciño na Casa Reitoral, se o tempo o permite.

O programa previsto é o seguinte:
11:00 h. Grupo de Acordeón do Centro Cultural de Vincios
11:30 h. “Os Alegres do Val Miñor”
12:00 h. Coro Tradicional Cantares do Brión
13:00 h. Agrupación Musical de Vincios, acompañada polo cantante Enrique A. Martínez
13:30 h. Grupo de Gaitas “Os Swaroskys”

COMIDA DE CONVIVENCIA

16:00 h. “Os Escaravellos”
17:00 h. Grupo de Gaitas “Aires de Santes”, Grupo de Pandereteiras “Froleada” e Grupo de Baile “Froles do Galiñeiro” do Centro Cultural de Vincios
18:00 h. Grupo de Baile da S.C.D. “Atlántida” de Matamá
19:00 h. Grupo de Baile “LDanzia” A.V.C. Santa Eulalia de Donas
19:20 h. Grupo de Guitarra do Centro Cultural de Vincios
19:30 h. Charanga Vai de Baile

Para participar na comida de convivencia é necesario levar mesa e cadeira. Ademais haberá inchable para nenos e nenas ata media tarde e sortearanse dúas viaxes á excursión que organiza a asociación a Ferrol.