A parroquia gondomareña de Vilaza celebra este fin de semana as festas na honra da Virxe da Luz.
O venres 8 ás 20:00 horas celebrarase unha Misa Solemne, e a partir das 22:00 horas, a verbena estará amenizada polas agrupacións musicais D’Líder e Ritmo.
O sábado 9 ás 18:00 horas terán lugar as típicas cucañas para todos e ás 22:00 horas comezará a verbena amenizada polos tríos H20 e Reflejos.

