Baiona entrega o Lazo de Honra ao costaleiro Roberto Leyenda

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Ángel Rodal entrega a distinción a Roberto Leyenda.

O Concello de Baiona homenaxeou este venres ao costaleiro Roberto Leyenda coa entrega do Lazo de Honra, concedido pola Comisión de Honras e Distincións, nun emotivo acto.

O Salón de Plenos de Baiona acolleu un acto no que tamén estivo presente a familia do homenaxeado, así como o alcalde, Ángel Rodal, membros da Corporación Municipal e os ex rexedores Jesús Vázquez Almuiña, actual conselleiro de Sanidade, Manuel Vilar e Benigno Rodríguez Quintas.

“É unha das persoas que coa súa paixón, devoción e fervor axudou a conservar as nosas costumes, tradicións e cultura, de forma altruísta e desinteresada ”, afirmou Ángel Rodal.

Pola súa banda, Roberto Leyenda destacou que dende 1966, cando abandona a súa profesión como mariñeiro, ata a actualidade “levei todas as imaxes, conto cun gran equipo, gústanos moito o que facemos, estamos orgullosos e seguiremos a traballar para seguir facendo”.

Roberto Leyenda

Roberto Leyenda Martínez (Baiona, 1947) naceu no seo dunha familia humilde de mariñeiros de Baiona e desempeñou unha longa carreira de mariñeiro en todos os mares do mundo ata que entrou a traballar na factoría de Citroën en Vigo, onde xubilouse. A súa devoción como costaleiro de Baiona comezou no ano 1966 e desde entón “contribuíu de forma altruísta a preservar as nosas tradicións e costumes máis relixiosos e coas súas accións voluntarias e desinteresadas ao longo da súa vida é un exemplo para destacar e recoñecer pola corporación local”.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.