Josué Villar comunicou este xoves a decisión de dimitir dos seus cargos orgánicos e institucionais en EU e CABE. Hoxe presentou por rexistro electrónico a súa dimisión oficial como concelleiro de Gondomar Concello Aberto, e nos vindeiros días farao como coordinador local de Esquerda Unida Gondomar.
«Durante uns meses a miña situación persoal será incompatible co nivel de compromiso e traballo que mantiven ata agora en CABE, Esquerda Unida e En Marea, especialmente coa asistencia regular aos plenos da corporación de Gondomar e ás asembleas orgánicas. Tendo en conta esta nova situación, considero que o máis responsable pola miña banda é deixar paso a outras persoas que poidan asumir as miñas responsabilidades e seguir traballando como militante de base.
Grazas a todos e todas», sinala nun comunicado.

