Expert gaña o primeiro concurso de fachadas, balcóns e ventás de Gondomar

A disputa na votación on line por internet para determinar o establecemento comercial gañador do 1º Concurso de Fachadas, balcóns e ventás de Gondomar estivo ben apretada. Ata o momento do peche das votacións no último día non se soubo o gañador.

A pesares da modestia dos premios, houbo un altísimo nivel de participación para determinar o comercio gañador, xa que están rexistrados un total de 466 votos dos que 154 ían destiñados a Expert (tan só catro votos máis que os que recibiu Tejidos Carmen), que lle outorgaron un felpudo personalizado, no que figuraba como gañador do concurso.

Entre os centos de persoas que participaron na votación, fíxose un sorteo no que resultou agraciada cun almorzo para dúas persoas, cortesía do Restaurante Ardora, Cecilia Salgueiro Herrera.

A Concellería de Comercio e Turismo de Gondomar quere expresar a súa gratitude aos comercios anteriormente citados, así como con Papadolde e con Zaloira polo seu esforzo e contribución e ter unha Vila máis fermosa e atractiva.

No apartado de ventás a gañadora foi Laura Costas Collazo, que foi premiada cun xantar para dúas persoas cortesía de Pazo da Escola.

Á vista dos resultados, é vontade do Concello de Gondomar que esta primeira experiencia teña continuidade no próximo ano.

Anuncios