Este sábado presentouse en Nigrán o equipo de competición Yamandú Rally Team, con Marcos Correa (Piloto) e Maikel Márquez (Copiloto) e o seu Seat Ibiza Sport, nunha Festa do Motor con música en directo do Grupo Sensación e Baiona Bay e unha pequena demostración do campión de España de Quadcross Dani Pérez.
O evento celebrouse na chaira e terraza do Supermercado Yamandú, que ofreceu aos asistentes a posibilidade de degustar unha selección dos seus produtos de catering e take away.
O programa “Que Jungla!” con Nacho Porta emitiu en directo para Single Radio e Que!, con invitados, pilotos de rally… e para finalizar, sorteáronse billetes a Cíes e vales de desconto de 30 euros en compra Yamandú.
Despois de realizar uns test co coche o vindeiro venres no circuíto Choqueiro de Ourense, o obxectivo do Yamandú Rally Team formado polos nigranés Marcos Correa e o vigués Maikel Márquez será participar en varios rallys en Portugal a principios de outubro e disputar o nacional no circuíto do Jarama en Madrid.











